ela.

26 0 0
                                    


O tempo causa moitas varianzas dentro dunha persoa, así coma dunha parella, grupo de persoas... É un feito. O recorrido sempre é novo, e aqueles que din afundirse na monotonía, como vivín nalgún intre do camiño, é porque a vista nublada non permite ver todo o que acontece por fóra, que unha membrana de tormenta desfai a cabeza. Pero quero chorar aos papeis cos sentimentos que me trouxo unha nova parte de min, máis nova ca o resto de desfeitas, pero coa cordura que precisaba para calmar as atrocidades que tantos elementos abstractos causaban dentro de min. Nunca foi agradable para min ler escritos do meu pasado, máis ó facelo, os meus ollos e a miña alma descubriron como foi a historia que so viviamos por anacos. Escribir cousas bonitas coma metáforas en busca da nosa otra metade sempre sentín que foron erróneas, máis eu escribo da persoa que consegiu que me sentira completo por min mesmo e a maiores fíxome crecer. O verdadeiramente bonito de ter pasado tanto tempo xunto a unha mesma persoa é poder observar ó pasado, cousa que eu renegaba de facer por medo, máis hoxe en día considero que é necesario nunha persoa, e poder ver como cambiou todo. Como xa nada é coma era pero segue tendo esa esencia que nun primeiro momento cautivou todos os meus sentidos para querer compartilos ata quedar sen eles. Compoño quebracabezas con anacos da miña propia, agardei tempo e tempo a que alguén os compuxera de novo, tempo e tempo... pero un día espertáronme, descubrindo que ninguén tiña que facelos máis que eu, e así foi, grazas a ela, grazas á parte que prendeu o meu espírito. Nunca nesta vida por moitas follas que escriba,  moitas letras que cante, moitas bágoas que chore, nunca e digo nunca porque desafío a realidade mesma, poderei de ningún xeito facer sentir tan ben coma eu me sentín neses intres, tampouco poderei agasallar intres similares, porque é imposible de imitar como é atoparse cando un cría estar perdido a non ser que te perdas dende logo, entón agarda, ou téntao, nunca vai ser sinxelo, nunca o foi, pero ás veces agardar parado aburre ou incluso senta mal. 


Grazas ti, por conseguir día a día sacar o mellor de min que eu nunca souben ver,

es vida, es arte, es ti...

Momentos de agarimoDonde viven las historias. Descúbrelo ahora