compartir arte

10 0 0
                                    


Cruzar o ceo a esgalla, batendo as ás que cortan o vento a cada movemento. A verdade que dende o alto hai un mundo fermoso que numca souben explicar para que os demáis o entenderam. Esa frustración comezou a deteriorar as ás, o vento comezou a poder contra min, e voar facíase perigoso. Botei moito tempo caminhando, moitísimo, tanto que za se contaba en eternidades. Unha época moi escura, distinta a calquer día de voar con tormenta ou con xeada... moitas veces pensei fóra o final, máis alegre de equivocarme apareceu a silueta no ceo. Plumaxe colorida e fermosa que pintaba o vento, un aura de tranquilidade que abarcaba o Sol, a Lúa e todo o firmamento. Observándome dende arriba caeu en picado cara o chan onde eu estaba, enchendo de cores e de vida ese terreo morto que me asolagaba. Convidoume a voar de novo, algo que morto de medo aceptei, e aínda que me custa retomar a confianza en min para deixar o chan, cando aparece sempre rozo as estrelas co meu cantar. É un sentimento que moitas veces crin morto, ou que xamáis pensei que podería volver a cantar de alegría e acariñar esa cúpula. Pero de todo se aprende sen dúbida díxome aquel ser maravilloso. Foi máis aló, levoume con él, e ensinoume que o chan tamén pode ser digno de alabanza. Obsevar os Valles dende a altura é algo que calquera pode facer, pero conseguir misturar o cheiro a fresca herma e a flores, esas gotas de rocío da mañá, a augra cristalina das ondas... xunto coa frescura do aire que move o pó das estrelas, que palpa as cumbres máis altas e se atopa ata nos lugares máis recónditos, é algo que non todos podem apreciar. 


Grazas paxáro por nom esquecerme,

grazas por nom desesperar coa minha tardanza no apredizaxe,

grazas por amosarme tanto de ti e da vida,

por abrirme os ollos que pensei nom ter.

Continúa o teu caminho libre porlo valle.

Momentos de agarimoNơi câu chuyện tồn tại. Hãy khám phá bây giờ