elo.

11 0 0
                                    

Foi o primeiro tempo prolongado no que puiden por fin sentirme libre. Foi a primeira vez que me sentín ceive na vida, e a día de hoxe agasallame unhas memorias que son base de prácticamente todos os meus pensamentos máis felices. Esquecer literalmente todos os motivos de preocupación mentres as notas máis brutais estimulan os meus tímpanos facendo que os meus ollos precises rebrotar sentimentos. Ese intre no que estás a revivir a emoción que ti mesmo forjaches tocando, escoitando esas canción na casa, empregándoas de flotador para non afogar. Cando tes diante a esas persoas que sen coñecerte de nada tenderonche a man, entregaron os seus instrumentos e a súa creatividade para recrear unha realidade allea á agonía mundana. Seica endexamáis ningún deles poderá ler isto, e de facelo non ían entendelo, pero querería agradecerlles unha vida enteira que puido continuar en parte grazas ó seu traballo. Unha semana ó ano na que se renova todo no meu interior, desgastando o exterior. Sei que é unha extraña maneira de falar dun acontecemento así, pero o que vai máis aló da metafísica hay que intentar explicalo da maneira máis fiel posíbel. Aquela primeira vez que descibrín o que eran as bágoas de emoción, esa sensación quedou gravada con lume no meu pensamento, na miña pel cando escoito  esa música, nos meus ollo cando observo esas imaxes... Tanta grandeza xunta fai que un cuestione a real importancia das cousas, e o relativo que é o tempo e o tamaño das preocupacións. Neses intres todo é felicidade e alegría, pero o resto do ano o sufrimento, a mágoa, as expectativas son horríbles, pero imaxinádevos como é cando digo que esas semanas restantes pagan totalmente a pena cando chega o momento. Non quero dicir moito máis porque non me saen as palabras que quero para que se poida entender á perfección como sinto esto, frústrome, prefiro deixalo deste xeito xeral no que cadaquén pode darlle a interpretación que crea máis adaptada ós seus sentimentos.

Momentos de agarimoDonde viven las historias. Descúbrelo ahora