eles.

15 0 0
                                    


A forza da cabeza de poder sentirme libre máis aló daquelo que un día me librou de min mesmo. Hoxe nado tranquilo nun mar que me escoita e que enche as miñas páxinas de algo lonxano á tristura e á mágoa... É agradábel sentir como algo vai máis aló do que pensei que podería chegar, falar máis aló do que xamáis escoitei, exteriorizar sentimentos que, pese a que non fagan desaparecer a morte "estándar" que levo por identificación, fai que me esqueza dela, dun xeito bastante fermoso. Gustaría expender cada día observando como o sol abandoa á estancia ó carón da lumbre que zoa no horizonte, da rosa que indica ó camiño que seguen as miñas verbas cando saen... Os momentos que conseguiron que non caíra ó fondo coa frota enteira non podería describilos de ningún xeito entendible. Podo definilos mediante pelos erizados, cariñas na nuca, noites de retranca e bágoas, bágoas que na maior parte coloreo en silencio na soidade, pero que teñen todo o significado que algún día agardarei plasmar nun papel. Gustaríame algún día puideran  os meus ollos ver brotar bágoas de felicidade dos vosos ó ler ou escoitar parte da miña historia adicada a vós. Custoume moitos capítulos comprender o que é disfrutar dos intres e adicarme ós mesmos, sinceiramente, dubido que puiderades ter chegado nun mellor momento da miña redacción. Non vou engañas a ninguén, sinto medo, sinto tensión, terror... cando non sei se fago cousas ben convosco, porque se hai algo que me aterra máis que eu mesmo, é faiar á xente que quero, e parte da miña felicidade é poder dicir isto. Son unha persoa difícil de levar, son unha persoa que estoupa por todos lados e en todas direccións... e lonxe de que foses xente que me atase para xuntar os meus pedazos, estoupáchedes conmigo. Se iso non é fermosura, que me trague o chan e pase a ser a rodófita atopada a maior profundidade do mundo...


A vós que dun terceto fixeches que nacera un cuarteto,

que rimaches os meus versos soltos,

nunca pensei que un cadáver podería chegar a simbolizar tanto para min.

Grazas por formar parte das miñas follas e das miñas playlist.

Momentos de agarimoWhere stories live. Discover now