Introdución

18 2 0
                                        

Sempre me gustou escribir. Lembro cando tiña 7 anos e escribín o meu primeiro libro, que non tería máis de 20 páxinas, pero eran 20 páxinas cheas de toda a miña ilusión e imaxinación. Despois comecei a utilizar a escritura como vía de escape da miña realidade, ata chegar, anos máis tarde, a atoparme a min mesma escribindo sobre a miña dor nun intento de aliviala. Dende entón encontrei na poesía a miña casa, e con isto pretendo compartir convosco o que se oculta detrás da persoa que ten demasiado medo de dicir todo o que sente en voz alta.

PensamentosWhere stories live. Discover now