Pasade ó #WattpadEnGalego

64 14 9
                                    


Ola!

Teño varios avances que quero comentarvos.

Primeiro e ante todo, xa temos unha conta oficial para o Wattpad en Galego: @galpad, administrada por @treboada_, @fary_13 e máis eu. Aqueles que quixerades botar unha man, dicídeo. 

Outro punto aparte son os obxectivos deste movemento, que quero establecer en cinco puntos:

1. Difusión e recoñecemento da cultura galega na escrita, na fala e na súa idiosincrasia, e dicir, facer da nosa lingua e do noso xeito de vivir unha cousa da que enorgullecerse e facernos usuarios habituais dela.

2. Recoñecer ós outros que antes ca nós fixeron cousas pola lingua, e pola nosa cultura sen importar outros condicionantes.

3. Crear coas nosas filas e fobias unha literatura de noso, unhas obras nas que nos vexamos, sexan fanfics ou sexan novelas, pero sempre algo DE NOSO.

4. Non condicionarmos pola ideoloxía política de ningunha das maneiras, e moito menos deixarse asoballar polos partidos políticos. A nosa é unha loita pola e para a lingua. Algúns temos unha ideoloxía e outros teñen outra. Non podemos quedarnos nelas, nelas só cabe a división.

5. O completo respeto polas obras dos demáis. Non podemos enxuizar ó que din outros, porque non vivimos as súas vidas, mais temos que difundir a súa obra, porque aínda que non nos guste pode que a un amigo noso si. E se non estamos dacordo co que se fai, sempre podemos facer algo diferente nós, non si?


Entroutras cousas, tamén comentarvos que xa estou a traballar nun manifesto que aprobaremos entre os admins da conta de Wattpad En Galego e que vos faremos público o 20 de outubro, coincidindo co aniversario da primeira publicación da revista Nós en 1920 en Ourense.

Comentade as vosas opinións, e non vos deixedes ren atrás, 

Saúde e Wattpad


You've reached the end of published parts.

⏰ Last updated: Aug 17, 2016 ⏰

Add this story to your Library to get notified about new parts!

E por que non? [DEBATE]Where stories live. Discover now