O galego e nós

113 21 11
                                    


Por que non? Por que non facemos unha nova comunidade en galego para poder facernos oír?

Podemos facer relatos do que nos pete, como nos pete pero creo que deberiamos unirnos e darnos apoio mutuo entre os poucos ou moitos que sexamos aquí. Estades de acordo comigo?

Tras varias agullas de marear nestes últimos tempos, quero comezar forte por traballar nun Wattpad en GALEGO, feito por e para nós. Cos temas que queramos tratar e cunha comunidade na que poidamos darnos a coñecer e facer do galego unha lingua de relevancia, aínda que só sexa para nós. Pero facer da lingua galega, algo máis que unha mención cada ano e medio, pecado meu por exemplo.

 Por iso quero que fagamos promoción entre os que poidamos das nosas obras en galego, e (por exemplo, no meu alarmante caso) crear máis e mellores obras, aínda que xa hainas moi boas.

Comentade a vosa opinión onde queirades.

ACTUALIZACIÓN: Estou tentando contactar cos administradores de Wattpad para, se aceptan a miña idea, comezar a traballar nun Wattpad en galego. Terei que esperar a ver se hai algunha contestación.

E por que non? [DEBATE]Where stories live. Discover now