"Ego ludibrii navem habeo ...

58 13 10
                                    

Ola, vexo que o tema empeza a coller algo de forza. Agora toca comezar a traballar. Eu o primeiro. Xa fary_13 está a facer uns novos relatos en galego. Eu estou con moito choio polas medievais de Mondoñedo (onde estou a vivir) e non podo pórme a imaxinar. Aínda así, vou intentar pasar as escolmas que vexa en internet (ou se cadra obras completas) ó Wattpad.

Pídovos que todas as vosas obras en galego, anteriores e novas teñan agora a canceliña #WattpadEnGalego para nunha soa búsqueda atopar todo o necesario. Se non vos importara, gustaríame saber en que zonas do país vivides para poder saber por onde estamos. Coa comarca chégame e sóbrame. Eu estou en Mondoñedo, na Mariña Central lucense, xusto onde naceron Cunqueiro, Leiras, Noriega Varela e Pascual Veiga, que non son xente menor.

O título é unha traducción ó latín dun poema de Manuel María: O meu barco, que vería ser algo así como: "Eu teño un barco de xoguete..." (Non me recordo do poema exacto agora.)

ACT.: Xa está a escolma de Leiras Pulpeiro(Cantares gallegos), de Eduardo Blanco Amor (vacía), Fermín Bouza Brey (Seitura e Nao senlleira), Darío Xohán Cabana, Ramón Cabanillas e Carvalho Calero

E por que non? [DEBATE]حيث تعيش القصص. اكتشف الآن