Recompilacións e ¿proxecto de manifesto?

61 10 6
                                    

Boas noites xente, ou máis ben, bos días.

Aquí, na antiga Vallibria hai un que non pode dormir e non para coa cachola queda nin de coña.

Coméntovos:

Ampliei o número de obras na miña listaxe de lectura de obras orixinais en galego no Wattpad, e van 27 polo de agora. Se coñecedes máis obras que estiveran en galego, espalladas polo Wattpad, pasádemas e seguirei ampliando tódalas listaxes que poida. 

Outra cousa que quería comentarvos é se faciamos unha conta "oficiosa" á que poidamos ter acceso todos aqueles que estamos movendo o asunto por agora, na que poder facer listaxes máis extensas e publicar reseñas ou cousas polo estilo. Tamén nesta conta publicaríase o manifesto, se quixerades facelo (ídeme avisando que volo fago eu), e outras cousas como especiales polo 17 de maio e polo 25 de xullo, et cetera

Por último, quería preguntarvos se poderíamos facer carteis e propaganda (tipo octaviña) na que promocionar o Wattpad como foco de difusión do galego para pegar nas escolas, nos institutos e nas rúas, sobre todo pola xente xove que non coñece Wattpad o que non sabe que hai obras en galego aquí. Que vos parece a idea? Gústavos?

E sen maior cousa, despídome. O corpo pídeme unha cama xa

E por que non? [DEBATE]Where stories live. Discover now