Perdonádeme, aclarademe as ideas e coméntovos algunhas novas.

47 11 3
                                    

Boas noites a todos vós!


Estou tolo aínda porque estiven totalmente absorbido polo Mercado Medieval de Mondoñedo e tamén totalmente tocado pola morte dunha nena na envorcadura dun tractor nunha aldea do concello. Por todo isto non puiden facer ren aínda e quero empezar a ter as cousas algo claras para comezar a empurrar á nosa xeración de escritores e de lectores.

No último capítulo comenteivos por un lado o da conta oficiosa para comezar a mover o asunto, o de face-lo manifesto, e falar sobre a realización de propaganda para difundi-lo uso de Wattpad en galego.

Aínda que @fary_13 deume azos para comezar, gustaríame ter un grupo dunhas 4-5 persoas para poder facermos máis cousas e mellores, coa máxima difusión.

A miña idea é abrir a conta xa, darlle caña a un bo manifesto, preparar unha boa propaganda por redes sociais e na rúa e publicarmos todo nunha data específica tralas eleccións galegas do 25 de setembro, por exemplo o 20 de outubro (data na que naceu a revista Nós na cidade de Ourense)

Por ir rematando, quérovos comentar que teño en mente, entre outras cousas, unha novela pseudo-filosófica con Leiras Pulpeiro coma un guía de excepción ,nun Mondoñedo e nunha Mariña fantásticas, e a realización de relatos cortos ou novelas basándome en cancións intentándo darlles máis corpo. Esta última idea era para chamarse "songbooks" en inglés, pero como estou ata os co**óns dos anglicismos, vou comezar unha historia deste tipo coa canceliña #Cóntameunhacanción, cunha canción algo descoñecida e á vez aquicoñecida por todos, o "Dragostea din tei" do grupo moldavo-rumano O-zone, que logo sería parodiado polos Morancos e daría forma ó "Pluma Pluma Gay". 

Voume pór a escribir para dárlle vía pronto e comezar con novos relatos orixinais en galego.POr favor comentade as vosas opinións para saber se podo seguir adiante co voso apoio.

Se non vos importa, quixera despedirme de vós cun curioso saúdo que acaba de saír da miña testa e que estame lembrando a toda á literatura do primeiro terzo do século XX

Se sen maior cousa que vos dicir,

Saúde e Wattpad, galegofalantes.


E por que non? [DEBATE]Where stories live. Discover now