Atípica realidade

4 1 0
                                    

Diferenciamos dous mundos,

e ao segundo

chamámolo terciro,

para desprezalo por non ter

o que nós temos.

Encerrámonos nunha burbulla

de tecnoloxía,

na que sen ela morremos

nun só día.

Reos de bebidas

que nos quitan a vida.

Sufrimos a malnutrición

por inxerir de máis.

Carnes e demáis produtos

cheos de aditivos

que nos fan adictos,

baixo o nome de BigKing

ou de BigMac,

e xa está.

Con noticias igual de edulcoradas,

políticos que rouban,

violencia,

homofobia,

xenofobia,

transfobia,

transfobia,

e un longo etcétera.

E por que non ser libres?

Afastarnos do típico

e dunha vez por todas,

facernos homes e mulleres

atípicos.

You've reached the end of published parts.

⏰ Last updated: Jul 07, 2018 ⏰

Add this story to your Library to get notified about new parts!

Ceo e terraWhere stories live. Discover now