O folio en branco,
o meu inimigo.
O meu bolígrafo,
o meu amigo.
Cun lixeiro trazo
comezo a miña loita.
Tan só a inspiración
vence a cerrazón.
Nun intre liñas negras
percorren o papel,
vencendo a desgana,
neste, o meu melodrama,
dándolle un setido
a todo o que eu escribo.
Ideas, conceptos
ou pensamentos,
que plasmados
intentan transmitir
un sentimento.
YOU ARE READING
Ceo e terra
PoetryEs un pequeño poemario, compuesto por 5 poemas escritos en gallego. É un pequeno poemario, composto por 5 poemas escritos en galego.