Morriña.

44 7 0
                                    


Os días pasan, e con eles viaxas ti.

Doe lembrar, pero máis doe esquecer. Pensar que xa non retornarás, que xa non me volverás adicar máis sorrisos, máis agarimos, máis miradas profundas, fai do meu corazón un conxunto de pezas esnaquizadas pola forza dun golpe seco que me inflixiu a máis sagaz das aflicións.

Unha parte de min aférrase a esperanza de que tornes de parecer e regreses xunto a min, pero outra sabe con total seguridade que iso non pasará, nin debe.

Perdurarás para sempre nos meus máis belos recordos como aquilo que tivo a posibilidade de florecer xunto a min, mais preferiu ficar consigo mesmo, disposto a vivir novas experiencias que o levasen á felicidade por outros camiños.


You've reached the end of published parts.

⏰ Last updated: Aug 13, 2016 ⏰

Add this story to your Library to get notified about new parts!

LEMBRANZASWhere stories live. Discover now