A casiña.

70 10 0
                                    

Recordo aquelas tardes de verán nas que iamos a dar longos paseos en bicicleta pola aldea. Pode que nunca te decatases, pero naqueles momentos era a persoa máis feliz do mundo.

Aínda agora, cando camiño da man do meu pequeno polos mesmos angostos camiños de terra e miro a paisaxe, volvo a sentirme como aquela nena tan leda que era.

Non che mentirei. Ás veces, cando teño o día libre, volvo a aquela casiña de pólas que construiramos xuntos ao lado do muíño para xogar dentro dela. Entro e séntome, suxeitándome os xeonllos, e pecho os ollos. Alí, rodeada só de silencio, revivo cada instante das máis bonitas vivencias que compartimos.

Oxalá algún día volvas e poidamos xogar os dous na casiña de novo. 

LEMBRANZASWhere stories live. Discover now