Meigallos

57 5 1
                                    

Amences,

como o sol cando quenta os ósos

como a chuvia amence

cando ao sol gañan as nubes a batalla.

Amences coa maxia e a forza

dunha gran bóla de lume

efémera

fugaz

instintivamente breve

intocable, inalcanzable

como un delirio, un poema

murmurado por un morto

Como ese fodido nó na garganta

que se nega a abandoarnos

ese mesmo, que nos recorda o

'dimo ti, dime que queres o meu kaos na túa vida'

cada noite.

O que nos fai revivir

os primeiros 3 minutos

da túa canción favorita.

Iso si que é soñar esperta!

E xa se sabe,

é o que din por aí,

que cos sonos

non poden

nin mil putas valerianas.

Amences,

como as nubes choven,

como ama a escuma ao mar.

Como a morte pode ser bela

por uns instantes.

Pero ao amañecer atardeces e rompes

murchas.

Ráchanche as costas cada día

non importa,

hai merda para todos, non vas ser ti a fodida

non a única, polo menos.

Melibea sen Calisto, Summer sen Finn, Julieta sen Romeo.

Mar sen escuma,

es o océano xeado

en apenas segundos.

E apágase a túa alma, para non ser mais danada.

Non importa,

non acontece nada,

estás afeita a reanimala.

Poderás facelo unha vez máis?

A túa gloria abandóname

a túa desventura dóeme.

Os teus choros en silencio encharcan os meus pulmóns.

As túas noites de autodestrución destrúen os meus recordos.

Recórdame recordarche

esquecer o que recordamos,

que neste xogo xa non vale o que sabemos,

e recordar soa a utopía inútil e sen vida.

Sen o abismo que ben vivirías!

Amences e atardeces

recordas e esqueces.

Sorrís, uns instantes,

un suspiro apenas,

e rapaza,¡cómo cura o teu sorriso!

Porque nada nin ninguén golpea máis forte que a vida.

pero xuntas podemos conseguir

que esta sexa menos puta.

POESÍA EN GALEGOजहाँ कहानियाँ रहती हैं। अभी खोजें