Ás veces pensó que morro en vida
Que me apago por momentos
Que polo nariz non me entra aire
Que me entran as nubes do ceo
Por iso ao pecha-los ollos
Vexo as estrelas e non negro
Por iso vexo nas tebras
Doces musas cheas de inxenio
E ás veces perdo a consciencia
Vexo o mundo dende as nubes do ceo
Escoito as gaivotas laiar baixo miña
Maravíllame o xesto con menos xeito
E cando me decato río
Menudas parvadas me invento!
Ás veces pensó que non nacín ao dereito
Que en min todo é anómalo
Que toleo
Por momentos
Así e todo aquí me atopo
Ruxerruxe na negrura
Na procura doutra alma
Que a miña mandeina arranxar
Mentres siga a morrer en vida
Pouca falta che me fai