A FUGA DE LUCIA

1 0 0
                                    

A FUGA DE LUCIA

Escoita a choiva que bate suavemente na fiestra tras ela, o chirrido das vellas táboas mentres se quentan os tubos de calefacción.De súpeto sente unha especie de néboa que a desconecta da percepción da totalidade. Un baleiro que a descoloca do tempo e do espazo. É só por uns segundos, pero é unha sensación tan estraña que sente que o seu cerebro pechou e negoulle o acceso. Deixa caer os brazos impotente e sente unha desgarradora vulnerabilidade.
Non é a primeira vez que lle pasa, non pode precisar cantas veces tivo esa sensación, pero si recoñece "fugas" das que esperta desorientada. Mira cara á biblioteca e sente un desexo visceral de coller algunha novela, calquera, que coñeza case de memoria e que poida recitar cos ollos pechados. As novelas prepárante para que comecen a suceder cousas negativas na páxina cincuenta, pero prestas atención aos sinais e prepáraste. A vida debería ter a mesma orde que as páxinas dunha novela, un bo comezo, intermedios aburridos seguidos de fatalidades para chegar a un final feliz.
Nunca falou diso cos seus fillos, nin da vez que metera o chaveiro no conxelador. Tampouco que ás veces non entendía moi ben os períodos de tempo nos que eles contextualizaban un recordo. Sentía unha estraña vergoña a admitilo ante eles e finxía. Era consciente de que debía acudir ao seu médico de familia e contarlle todo isto, pero tamén sentía a mesma vergoña.
Sentou na súa mesa e escribiu unha longa carta a cada un dos seus fillos e netos. Letras cheas de tenrura, ironía e morriña, que gardou no caixón xunto con todos os seus documentos.
Ceou o seu prato favorito, polbo con cachelos. Colleu da biblioteca a novela "Cumbres Borrascosas". Meteuse na cama e comezou a ler con ese anhelo anticipado de algo que che vai a facer feliz .
¡Quen sabe!, quizais mañá non recorde de que lle gusta o polbo e coma coello.

You've reached the end of published parts.

⏰ Last updated: Sep 30, 2023 ⏰

Add this story to your Library to get notified about new parts!

A FUGA DE LUCIAWhere stories live. Discover now